LAMATUMBÁ… E XA ESTÁ!
Chegou 2026 e aquí seguimos máis compactos ca nunca. Coas incorporacións de Noel De Dios (batería), Fernando Calvo (guitarra) e Thierry Fernández (teclados), saímos á estrada preparados para activar palcos e facer tremer festivais.
Este ano presentamos a nova xira “LAMATUMBÁ… E XA ESTÁ!”: enerxía bailable a esgalla, a retranca de sempre e as doses xustas de denuncia social. Un paso máis nun camiño que vén de atrás con Lume (para que saia o sol), Paraugas Universal e A Órbita da Banda Hipnótica.
O noso directo é claro e sen descanso: ska, reggae, funky, rock’n’roll, cumbia e todo o necesario para sacar o público do chan dende o primeiro tema. Concertos intensos, feitos para horarios quentes, noites longas e xente con ganas de festa de verdade.
Vimos sumar tensión, baile e memoria colectiva.
Este verán vai quente.
LUME!
Concertos
Data Localidade Lugar Entradas 24 Out Vedra Campo da festa de San Miguel de Sarandón De balde
FORMACIÓN

Batería

Voz

Guitarra

Saxo tenor e clarinete

Saxo alto

Trompeta

Baixo

IMAXES

























